Sélectionnez vos billets
Vente en ligne fermée.
Pour plus d'informations, posez vos questions à l'organisateur de l'événement.
Les informations de l'organisateur sont dans la section "Organisé par".
Description de l'événement
COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.
O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura…cargado de seguridade e amor.
COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.
COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe…
A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos.
COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa.
COLIÑO somos moitas e moitos.
Idades: De 0 a 3 anos
Duración: 40 min.
A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.
Politique d'accès
Commentaires
4