selecciona as túas entradas
Descripción do evento
FICHA ARTÍSTICA
Elenco: Camille Hedouin e Alixa Ladson, Dirección: Laura Míguez, Autor: Roberto Pascual, Axte dirección: Atenea Garcia, Escenografía e iluminación: As dúas e punto, Videocreación: Judith Adataberna, Movemento: Mariel Teixeira González, Espazo sonoro: MounQup, Confección vestiario: Ousseynou Gueye, Fotografía cartel: Rosiña Rojo, Material promocional: Alex Sampayo, Asistencia técnica: Carlos Álvarez-Ossorio, Prensa: Alberto Ramos, Produción: Redrum Teatro, Distribución: Guillermo Carbajo
SINOPSE
A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.
Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña.
A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizáis en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia.
Política de acceso
Para público adulto a partir de 18 anos