Compra os teus bilhetes
Descrição do evento
Ollo, Lóstrego! presentan en directo o seu primeiro longa duración "A Inevitable Caida Dos Imperios"
Despois de 3 anos desde o seu último traballo de estudio "Hábitat" a banda volta ós escenarios cun novo membro na formación e un novo disco baixo a brazo "A inevitable Caida Dos Imperios". Nel post-rock, rock progresivo e rock alternativo se combinan con voces melódicas, armónicas e letras reflexivas, creando atmósferas sonoras que envolven ó ointe.
“A inevitable caída dos imperios” é unha viaxe polo pasado, presente e futuro da especie humana; polos erros, tropezos e malas decisións que tomamos e tomaremos, esquecendo as leccións dunha historia que nos sinala o camiño equivocado. Este disco recolle as dúbidas e pensamentos de catro habitantes deste fogar chamado Terra e, ogallá, atopedes nel tanto estímulo coma nós.
Política de acesso